Onte tivemos a sorte de pasar un anaco falando sobre a gaseosa con alumnado e profesorado do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.
Despois dunha breve introdución e da presentación do proxecto de Gaseosas de Galicia pasouse a unha visita guiada a través dos distintos tipos de
envases e outro material relacionado para introducirnos nas distintas etapas da
fabricación das bebidas refrescantes en Galicia.
Durante a hora de duración da visita os rapaces foron moi participativos e mostraron interés tomando apuntes nos seus cadernos e facendo varias consultas.
Gracias pola visita!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario