mércores, 7 de febreiro de 2024

PAISAXE GASOSA - UNHA VIAXE POLOS DESEÑOS DAS BOTELLAS DE GASOSA

A principios de ano púxose en contacto con Gaseosas de Galicia o deseñador, ilustrador e escritor galego Xosé María Pérez Barro, máis coñecido por Pepe Barro.

Fai un tempo que Pepe publica artigos sobre deseño e comunicación visual unha vez ao mes no semanario de comunicación xeral de ámbito galego Sermos, o suplemento de Nós diario.

O pasado día 2 de febreiro saiu á luz este bonito artigo sobre as botellas de gaseosa dende o punto do deseño gráfico coa colaboración de Gaseosas de Galicia.

Gracias Pepe polo interese mostrado a prol do noso traballo.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

UNHA PROPOSICIÓN MOI DECENTE VISITA GASEOSAS DE GALICIA

E para comezar o ano Gaseosas de Galicia achega a visita que fixo Breogán Riveiro a Coristanco co seu programa Unha proposición moi decente sobre coleccionismo da Televisión de Galicia.

“O coleccionismo pode semellar unha actividade solitaria, pero neste capítulo descubriremos  que pode ser participativa e moi social. Para iso, achegarémonos a coñecer dúas coleccións curiosas e moi diferentes, unha de gasosas en Coristanco e outra de xoguetes en Ponteceso, e coñeceremos aos seus singulares creadores”

Breogán Riveiro