venres, 23 de setembro de 2022

GRACIAS POR VISITARNOS

Encadrado dentro do programa da XL Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 17 e 18 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.

Se a xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional, o domingo visitáronnos persoas de moitos lugares.

Foi tal a afluencia de xente que nas dúas xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de visitantes.

Moitas gracias pola boa acollida da exposción e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.



mércores, 21 de setembro de 2022

VISITA INSTITUCIONAL A GASEOSAS DE GALICIA

O pasado día 17 de setembro, dentro do programa da XL Festa da Pataca de Coristanco, estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Ese mesmo día poidemos recibir a visita institucional encabezada polo Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.

Tanto o Conselleiro como os seus acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa totalidade.

Gracias por vir a visitarnos!!




mércores, 14 de setembro de 2022

GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de setembro celebarase a XL edición da Festa da Pataca no Concello de Coristanco (A Coruña).

Dentro dos actos culturais organizados, Gaseosas de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases e outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.

Todas aquelas persoas interesadas están convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 17 e 18 en horario de 11 a 14 horas.

Para tan sinalada data, na exposición, poderanse ver en primicia dúas máquinas saturadoras para a elaboración de gaseosa de principios do século pasado. Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.


 

mércores, 7 de setembro de 2022

VISITA CAMPAMENTO KENNEBEC

Hoxe recibimos a visita dos cativos e cativas do campamento Kennebec.
Tras o taller de elaboración de gaseosa artesanal, temos novos afeccionados ao mundo da burbulla no municipio.