luns, 27 de febreiro de 2023

Presentación da obra “Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña”

Dende a Asociación Gaseosas de Galicia estamos de noraboa. Despois dun intenso traballo de recompilación desenvolto durante anos, tivemos a sorte de chegar a un acordo de colaboración co Concello de Coristanco e, á súa vez, coa Deputación da Coruña, para publicar a obra “Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña”.

A solicitude do traballo de impresión foi presentada o 26 de maio do ano pasado e, tras a análise por parte dos responsables técnicos da Deputación Provincial, o 30 de xuño de 2022 concedeuse autorización para a edición de obra literaria.

Os traballos autorizados pola Deputación Provincial son parte dun arquivo aberto institucional: publicacións cuxa finalidade é poñer ao dispor da cidadanía, a través de internet, as publicacións non venais editadas e impresas na Imprenta provincial dentro do marco legal, cos obxectivos de aumentar a visibilidade das obras e dar acceso á información de forma gratuita.

A obra foi editada na modalidade de edición non venal de libro en papel e, ademáis, na de libro electrónico, que será publicado no Arquivo Aberto Institucional.

Despois dun gran traballo de maquetación, tratamento de imaxes e revisión de textos dos deseñadores gráficos da imprenta provincial da Deputación da Coruña, temos o pracer de facer pública a presentación da obra no día, hora e lugar descritos no cartaz (ubicación do evento tamén dispoñible no código QR).

A presentación terá lugar na sede de Gaseosas de Galicia onde se poderá desfrutar da exposición permanente de envases de orixe galega e outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.

Esperamos que este evento sexa do voso interese. 

martes, 21 de febreiro de 2023

Próximamente gran acontecemento

O pasado venres día 17 de febreiro fixéronse eco nas edicións de La Voz de Galicia de A Coruña e Carballo das seguintes novas.





sábado, 18 de febreiro de 2023

Entrevista Yolanda López no programa A Tarde de radio Galicia

Onte recibimos a visita de Yolanda López, reporteira do programa A Tarde da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Visitou a nosa exposición de envases e obxectos relacionados coa gaseosa de orixe galega. 

Podedes escoitar a entrevista a continuación.



Video do noso paso por Quen Anda Aí?