Fai uns días tivemos a sorte de recibir unha agradable
sorpresa por parte da empresa Suntory Beverage & Food Spain.
Esta empresa líder no sector de bebidas
inclúe na súa gama de refrescos as coñecidas marcas Schweppes, La Casera, Trina y Sunny Delight.
Alejandro Fuente Aguirre, do
Departamento de Marketing da marca La Casera, púxose en contacto con Gaseosas
de Galicia amosando gran interese pola nosa obra literaria “Apuntes sobre la
Gaseosa en la provincia de A Coruña”.
Despois dun agradable intercambio de
correos electrónicos, Alejandro fixo chegar á sede de Gaseosas de Galicia unha
xenerosa selección da emblemática e popular marca española La Casera.
Moitas gracias por esta achega que desfrutaremos, seguro.
Na fotografía podemos apreciar os novedosos aperitivos de baixa
graduación Sidra e Vermut e a os Refrescos Ligeros 0% azúcares y calorías de
Hierbabuena, Limón e Manzana.
Mais info en: https://lacasera.es/