venres, 15 de decembro de 2023

CARBÓNICAS LANDEIRA, S.A. FÁBRICA DE BEBIDAS REFRESCANTES

Fai uns días tivemos a oportunidade de acceder ás instalacións de Carbónicas Landeira, S. A. na localidade Xalleira de Santa Comba da man dun gaseosero de berce: Antonio Manuel Landeira Gallardo.

Carbónicas Landeira, S. A. dispón dunha canle de distribución propia na zona noroeste da provincia de A Coruña á que incorpora outras marcas comerciais para a súa distribución. 

Ademaís conta cunha ampla rede de distribución a nivel nacional así como un departamento de ventas cos mellores especialistas para a exportación a todos os países ofrecendo un amplo catálogo de sabores e envases. 

 

Antonio Landeira, que representa a terceira xeración de gaseoseros, fixo de magnífico anfitrión pola fábrica e gracias a súa didáctica e amable conversa aprendemos moitas cousas sobre o mundo da burbulla.

O día da visita tivemos a sorte de ver en directo o proceso de produción e preparación dos diferentes sabores da mítica marca La Pitusa para a súa distribución as distintas canles de comercialización.

Despois de pasar un bo anaco de tarde, Carbónicas Landeira agasallou a Gaseosas de Galicia cun xeneroso lote de produtos en formato PET 0.5 L da súa casa apenas "saído do forno".



Gracias por esta inesquecible visita.