domingo, 23 de abril de 2017

A NOSA IMAXE CORPORATIVA

Para dar máis pulo e forza a nosa asociación traballouse nunha imaxe corporativa que estivese en sintonía cos valores de recuperación do patrimonio tan presente nos nosos obxetivos.


Para a creación do noso logo partiuse da idea inicial dun escudo de Galicia dos anos 30. Por suposto permitímonos innumerables licenzas para acadar un resultado final no que primara o mundo da gaseosa.




Na parte central do escudo suprimimos o cáliz sumado da hostia e as sete cruces que representaban as sete cidades do antigo reino, incorporando un sifón modelo pirámide.

Na parte esquerda engadimos o texto "marca rexistrada" tan popular nos envases de gaseosa e na parte dereita "dende 2005" que foi o ano no que se sumou o primeiro envase de orixe galega para a nosa asociación.

Tamén engadimos na zona central o nome da nosa asociación.

Para rematar eliximos un tipo de letra que fose acorde ao conxunto do traballo.

Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado.




Referencia bibliográfica: Os Símbolos de Galicia / edición ao coidado de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ramón Villares. Santiago de Compostela 2007.



mércores, 19 de abril de 2017

APOIO POR PARTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Despois de formalizar a fundación oficial da nosa asociación nos organismos correspondentes da Xunta de Galicia e presentar o noso proxecto tivemos a agradable nova de contar con apoio da Deputación da Coruña para o traballo específico para a provincia de A Coruña.


Co programa "Recuperación do patrimonio industrial e divulgación da historia da fabricación de bebidas gaseosas na provincia de A Coruña dende o século XIX ata a década dos anos 80 (enfoque etnográfico e etnolóxico)" faremos todo o posible para recuperar este patrimonio esquecido.

SAÚDO DE BENVIDA

Coa denominación de “Gaseosas de Galicia”,  constitúese unha ASOCIACIÓN ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade e xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.





A existencia desta asociación ten como fins:

  • Reconstrucción, na medida do posible, da historia da fabricación de bebidas gaseosas na Comunidade Autónoma de Galicia dende o século XIX ata a década dos anos 80 (enfoque etnográfico e etnolóxico).


  • Recuperación do patrimonio industrial – as fábricas de gaseosas, “revolución industrial” no ámbito rural. 

  • Difusión dos traballos realizados mediante promoción e organización de actividades culturais vinculadas co mundo da gaseosa. 

  • Promoción, conservación, recuperación de todo tipo de obxectos relacionados coa elaboración das bebidas gaseosas.


Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

  • Investigar a historia da fabricación das gaseosas na Comunidade Autónoma de Galicia dende a súa orixe ata a década dos anos 80, dende un  punto de vista etnográfico e etnolóxico.

  • Confeccionar unha memoria dos fabricantes de bebidas gaseosas a nivel Galicia.

  • Estudar os distintos fabricantes de gaseosa prestando especial atención á evolución dos envases utilizados e a súa elaboración.

  • Programación, organización e desenvolvemento de actos culturais e didácticos que potencien o coñecemento desta actividade e a súa valoración.

  • Recopilar e organizar arquivo fotográfico de envases, proceso de elaboración e distribución (métodos de transporte utilizados).

  • Realizar arquivo  relacionado coa publicidade e promoción do produto.

  • Organización e colaboración con outras actividades culturais de estudo, conservación ou promoción do patrimonio industrial de Galicia.

Esperamos que a iniciativa deste grupo de traballo teña boa acollida entre afecionados a esta temática e sexa de interés para o público en xeral.