O pasado día 5 de xullo de 2025, Gaseosas de Galicia acudiu á celebración do 80 aniversario da fundación da fábrica de gaseosas Berardo Méndez (Sandíás - Ourense).
O acto, que se desenvolveu
no Museo da Limia na localidade de Vilar de Santos (Ourense), contou con numeroso público e unha gran aceptación.
Despois do acto central de homenaxe pasouse a unha “conversa de taberna” onde se puxo en valor o peso que tivo esta industria, analizado dende diferentes puntos de vista.
O acto rematou cun viño con
gaseosa acompañado dun anaco de empanada.
Dende Gaseosas de Galicia
queremos trasladar a nosa noraboa os organizadores por tan fermoso e emotivo
acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario