xoves, 29 de decembro de 2022

Voltamos a Quen Anda AÍ?

Onte tivemos a sorte de volver ao programa en directo da Televisión de Galicia Quen Anda AÍ?

Nesta ocasión conversamos un anaco sobre a gaseosa en Galicia acompañados por Juan Fuentes, Raquel Atanes e Eva Iglesias.

Dende logo que pasamos un bo anaco!







venres, 23 de setembro de 2022

GRACIAS POR VISITARNOS

Encadrado dentro do programa da XL Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 17 e 18 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.

Se a xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional, o domingo visitáronnos persoas de moitos lugares.

Foi tal a afluencia de xente que nas dúas xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de visitantes.

Moitas gracias pola boa acollida da exposción e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.



mércores, 21 de setembro de 2022

VISITA INSTITUCIONAL A GASEOSAS DE GALICIA

O pasado día 17 de setembro, dentro do programa da XL Festa da Pataca de Coristanco, estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Ese mesmo día poidemos recibir a visita institucional encabezada polo Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.

Tanto o Conselleiro como os seus acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa totalidade.

Gracias por vir a visitarnos!!




mércores, 14 de setembro de 2022

GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de setembro celebarase a XL edición da Festa da Pataca no Concello de Coristanco (A Coruña).

Dentro dos actos culturais organizados, Gaseosas de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases e outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.

Todas aquelas persoas interesadas están convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 17 e 18 en horario de 11 a 14 horas.

Para tan sinalada data, na exposición, poderanse ver en primicia dúas máquinas saturadoras para a elaboración de gaseosa de principios do século pasado. Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.


 

mércores, 7 de setembro de 2022

VISITA CAMPAMENTO KENNEBEC

Hoxe recibimos a visita dos cativos e cativas do campamento Kennebec.
Tras o taller de elaboración de gaseosa artesanal, temos novos afeccionados ao mundo da burbulla no municipio.





 

venres, 1 de abril de 2022

Gaseosas de Galicia en Quen Anda Aí?

O pasado luns 21 de marzo, Gaseosas de Galicia foi invitado en directo ao Programa da Televisión de Galicia Quen Anda Aí? para dar difusión ao mundo da burbulla galega.






venres, 21 de xaneiro de 2022

Falan de nós na Televisión de Galicia

O pasado día 10 de este mes o colaborador Luis Varela falou de nós no programa Quen anda aí? da Televisión de Galicia. Aquí vos deixamos as súas verbas: