Para dar máis pulo e forza a nosa asociación traballouse nunha imaxe corporativa que estivese en sintonía cos valores de recuperación do patrimonio tan presente nos nosos obxetivos.
Para a creación do noso logo partiuse da idea inicial dun escudo de Galicia dos anos 30. Por suposto permitímonos innumerables licenzas para acadar un resultado final no que primara o mundo da gaseosa.
Na parte central do escudo suprimimos o cáliz sumado da hostia e as sete cruces que representaban as sete cidades do antigo reino, incorporando un sifón modelo pirámide.
Na parte esquerda engadimos o texto "marca rexistrada" tan popular nos envases de gaseosa e na parte dereita "dende 2005" que foi o ano no que se sumou o primeiro envase de orixe galega para a nosa asociación.
Tamén engadimos na zona central o nome da nosa asociación.
Para rematar eliximos un tipo de letra que fose acorde ao conxunto do traballo.
Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado.
Referencia bibliográfica: Os Símbolos de Galicia / edición ao coidado de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ramón Villares. Santiago de Compostela 2007.
Referencia bibliográfica: Os Símbolos de Galicia / edición ao coidado de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Ramón Villares. Santiago de Compostela 2007.