Onte tivemos a sorte de pasar un anaco falando sobre a gaseosa con alumnado e profesorado do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.
venres, 31 de outubro de 2025
VISITA CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL - EFA FONTEBOA
mércores, 22 de outubro de 2025
GASEOSAS DE GALICIA NA XLIII FESTA DA PATACA DE CORISTANCO
“É toda unha honra ter a oportunidade de dirixirse a veciños e familia na terra dun.
Viva
Coristanco e longa vida á Festa da Pataca”
Juan Carlos Villar Angeriz
sábado, 18 de outubro de 2025
GASEOSAS DE GALICIA NO PROGRAMA DA TVG OS AUTÉNTICOS
O día 29 de abril de 2025 emitiuse na Televisión de Galicia o programa Os Auténticos.
O contido do programa baséase en darlle valor ás persoas que manteñen oficios, tradicións e estilos de vida que ata non fai moito eran cotiáns para os galegos.
Gaseosas de Galicia tivo a
sorte de ser protagonista, compartido espazo con Patri e Yerai, neste novo
magazine.
Visto o resultado final da
emisión o día adicado á rodaxe pagou moito a pena.
Dende Gaseosas de Galicia
queremos agradecer a empresa Carbónicas Landeira, S.A. por deixarnos acudir co
equipo de rodaxe á fábrica durante o proceso de fabricación das bebidas
gaseosas e por ser sempre parte activa na posta en valor do mundo da burbulla.
Achegamos ligazón da emisión
por se vos resulta de interés:
https://www.agalega.gal/videos/209535-os-autenticos-6-juan-carlos-patri-e-yerai
xoves, 16 de outubro de 2025
80 ANIVERASARIO DA FÁBRICA DE GASEOSAS BERARDO MÉNDEZ DE SANDÍÁS (1945 - 2025)
O pasado día 5 de xullo de 2025, Gaseosas de Galicia acudiu á celebración do 80 aniversario da fundación da fábrica de gaseosas Berardo Méndez (Sandíás - Ourense).
O acto, que se desenvolveu
no Museo da Limia na localidade de Vilar de Santos (Ourense), contou con numeroso público e unha gran aceptación.
Despois do acto central de homenaxe pasouse a unha “conversa de taberna” onde se puxo en valor o peso que tivo esta industria, analizado dende diferentes puntos de vista.
O acto rematou cun viño con
gaseosa acompañado dun anaco de empanada.
Dende Gaseosas de Galicia
queremos trasladar a nosa noraboa os organizadores por tan fermoso e emotivo
acto.




