venres, 31 de outubro de 2025

VISITA CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL - EFA FONTEBOA

Onte tivemos a sorte de pasar un anaco falando sobre a gaseosa con alumnado e profesorado do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.

Despois dunha breve introdución e da presentación do proxecto de Gaseosas de Galicia pasouse a unha visita guiada a través dos distintos tipos de envases e outro material relacionado para introducirnos nas distintas etapas da fabricación das bebidas refrescantes en Galicia.

Durante a hora de duración da visita os rapaces foron moi participativos e mostraron interés tomando apuntes nos seus cadernos e facendo varias consultas.

 Gracias pola visita!!



mércores, 22 de outubro de 2025

GASEOSAS DE GALICIA NA XLIII FESTA DA PATACA DE CORISTANCO

Dende Gaseosas de Galicia achegamos o noso agradecemento á Corporación Municipal e ao Equipo Organizador da Festa da Pataca por propor ao noso Presidente como pregoeiro nesta XLIII edición da festa.

“É toda unha honra ter a oportunidade de dirixirse a veciños e familia na terra dun. 

Viva Coristanco e longa vida á Festa da Pataca”

Juan Carlos Villar Angeriz

sábado, 18 de outubro de 2025

GASEOSAS DE GALICIA NO PROGRAMA DA TVG OS AUTÉNTICOS

O día 29 de abril de 2025 emitiuse na Televisión de Galicia o programa Os Auténticos. 

O contido do programa baséase en darlle valor ás persoas que manteñen oficios, tradicións e estilos de vida que ata non fai  moito eran cotiáns para os galegos.

Gaseosas de Galicia tivo a sorte de ser protagonista, compartido espazo con Patri e Yerai, neste novo magazine.

Visto o resultado final da emisión o día adicado á rodaxe pagou moito a pena.

Dende Gaseosas de Galicia queremos agradecer a empresa Carbónicas Landeira, S.A. por deixarnos acudir co equipo de rodaxe á fábrica durante o proceso de fabricación das bebidas gaseosas e por ser sempre parte activa na posta en valor do mundo da burbulla.

Achegamos ligazón da emisión por se vos resulta de interés:

https://www.agalega.gal/videos/209535-os-autenticos-6-juan-carlos-patri-e-yerai

xoves, 16 de outubro de 2025

80 ANIVERASARIO DA FÁBRICA DE GASEOSAS BERARDO MÉNDEZ DE SANDÍÁS (1945 - 2025)

O pasado día 5 de xullo de 2025, Gaseosas de Galicia acudiu á celebración do 80 aniversario da fundación da fábrica de gaseosas Berardo Méndez (Sandíás - Ourense).

O acto, que se desenvolveu no Museo da Limia na localidade de Vilar de Santos (Ourense), contou  con numeroso público e unha gran aceptación.

Despois do acto central de homenaxe  pasouse a unha “conversa de taberna” onde se puxo en valor o peso que tivo esta industria,  analizado dende diferentes puntos de vista.

O acto rematou cun viño con gaseosa acompañado dun anaco de empanada.

Dende Gaseosas de Galicia queremos trasladar a nosa noraboa os organizadores por tan fermoso e emotivo acto.

venres, 21 de marzo de 2025

ENCONTRO DE BEBIDAS REFRESCANTES EN GALICIA - ANFABRA

Foi toda unha honra e un pracer que ANFABRA (Asociación Nacional de Fabricantes de Bebidas Refrescantes) se puxera en contacto con Gaseosas de Galicia para formar parte do programa do seu "Encuentro Bebidas refrescantes. Un sector con ARRAIGO" en Galicia a nivel nacional.

Como non podía de ser doutra forma a nosa intervención versou sobre as orixes da gaseosa en Galicia, nun coloquio a tres partes centrado no arraigo e futuro do sector.






martes, 11 de marzo de 2025

O TERMÓTETRO VISITA GASEOSAS DE GALICIA

No día de onte estivemos presentes no magazine das mañás da Televisión de Galicia acompañados de Rocío Padín.