No día de onte estivemos presentes no magazine das mañás da Televisión de Galicia acompañados de Rocío Padín.
martes, 11 de marzo de 2025
xoves, 23 de xaneiro de 2025
mércores, 18 de decembro de 2024
domingo, 13 de outubro de 2024
GASEOSAS DE GALICIA PRESENTE NA REVISTA CELCE
Fai uns días recibimos dous exemplares da
Revista Celce Magazin onde se fai unha análise da nosa obra editorial
"Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña" centrándose
nos datos aportados no ámbito da cervexa.
O artículo titulado "Libros con
cerveza y gaseosa" consta de dúas páxinas na Revista de Coleccionismo e
Cultura Cervecera editada polo Club Español de Coleccionismo Cervecero - CELCE.
A relación entre a cervexa e as bebidas carbónicas foi moi corrente no seu
momento, compartindo tanto a súa fabricación como a súa distribución,
polo que moitos datos comúns enriquecen tanto aos amantes da gaseosa como
aos da cervexa.
Da man do Catedrático de Xeogarfía e
Historia C.P.F.P.A Orihuela, Luís Javier Calvo Angulo, secretario e habitual
colaborador de Celce Magazine, desmenuza detalles do pasado cervexeiro coruñés.
Dende Gaseosas de Galicia queremos agradecer a difusión dada ao noso traballo nun medio de gran prestixio a nivel nacional. Tamén queremos agradecer especialmente a Luís Javier por facelo dun xeito tan apropiado.
martes, 24 de setembro de 2024
GRACIAS POR VISITARNOS
Encadrado dentro do programa da XLII Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 14 e 15 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.
Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as
gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.
A xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional encabezada polo Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.
Tanto o Conselleiro como os seus
acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa
totalidade.
Na xornada do domingo, día grande da
festa, visitáronnos dende o mesmo
momento da apertura gran número de persoas chegadas de moitos lugares. Ata
tivemos a sorte de ter a presenza dunha familia de orixe francesa que foi
guiada na súa lingua natal polo colaborador Lois Villar.
Foi tal a afluencia de xente que nas dúas
xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de
visitantes.
Moitas gracias pola boa acollida da exposición e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.
martes, 10 de setembro de 2024
GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA
Os vindeiros días 14 e 15 de setembro
celebarase a XLII edición da Festa da Pataca no Concello de Coristanco (A
Coruña).
Dentro dos actos culturais organizados,
Gaseosas de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases e
outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.
Todas aquelas persoas interesadas están
convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da
Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 14 e 15 en horario de 11 a 14 horas.
Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.
mércores, 7 de febreiro de 2024
PAISAXE GASOSA - UNHA VIAXE POLOS DESEÑOS DAS BOTELLAS DE GASOSA
A principios de ano púxose en contacto con Gaseosas de Galicia o deseñador, ilustrador e escritor galego Xosé María Pérez Barro, máis coñecido por Pepe Barro.
Fai un tempo que Pepe publica artigos sobre deseño e comunicación visual unha vez ao mes no semanario de comunicación xeral de ámbito galego Sermos, o suplemento de Nós diario.
O pasado día 2 de febreiro saiu á luz este bonito artigo sobre as botellas de gaseosa dende o punto do deseño gráfico coa colaboración de Gaseosas de Galicia.
Gracias Pepe polo interese mostrado a prol do noso traballo.
mércores, 17 de xaneiro de 2024
UNHA PROPOSICIÓN MOI DECENTE VISITA GASEOSAS DE GALICIA
E para comezar o ano Gaseosas de Galicia achega a visita que fixo Breogán Riveiro a Coristanco co seu programa Unha proposición moi decente sobre coleccionismo da Televisión de Galicia.
“O coleccionismo pode semellar unha actividade solitaria, pero neste capítulo descubriremos que pode ser participativa e moi social. Para iso, achegarémonos a coñecer dúas coleccións curiosas e moi diferentes, unha de gasosas en Coristanco e outra de xoguetes en Ponteceso, e coñeceremos aos seus singulares creadores”
Breogán Riveiro
martes, 19 de decembro de 2023
venres, 15 de decembro de 2023
CARBÓNICAS LANDEIRA, S.A. FÁBRICA DE BEBIDAS REFRESCANTES
Fai uns días tivemos a oportunidade de acceder ás instalacións de Carbónicas Landeira, S. A. na localidade Xalleira de Santa Comba da man dun gaseosero de berce: Antonio Manuel Landeira Gallardo.
Antonio Landeira, que representa a terceira xeración de gaseoseros, fixo de magnífico anfitrión pola fábrica e gracias a súa didáctica e amable conversa aprendemos moitas cousas sobre o mundo da burbulla.
O día da visita tivemos a sorte de ver en directo o proceso de produción e preparación dos diferentes sabores da mítica marca La Pitusa para a súa distribución as distintas canles de comercialización.
Despois de pasar un bo anaco de tarde, Carbónicas Landeira agasallou a Gaseosas de Galicia cun xeneroso lote de produtos en formato PET 0.5 L da súa casa apenas "saído do forno".

venres, 18 de agosto de 2023
LA EDAD DE ORO DE LAS GASEOSAS EN SANTIAGO - Xabier Sanmartín - El Correo Gallego - Santiago - 16·07·23
La bebida que arrasaba en el siglo XX gracias a empresas compostelanas como
Súarez, Espiña, La Montañesa o La Fuente del Oro, centra un libro de Juan
Carlos Villar
Juan Carlos Villar Angeriz. Al lado, su libro, un camión de La Montañesa-La Estrella de Gijón, botellas de San Nicolás y un rótulo de Espiña / cedidas
Empresas de gaseosa como Espiña, La Fuente del Oro, La Montañesa o Súarez, hilan la historia del libreto cotidiano del Santiago del siglo XX: aquel del encuentro al doblar una esquina para compartir tragos en bares sin tele, de celebraciones en mesas de familia con plato común y de tragos de romería para dar gas a la amistad entre cuncas.
Esas firmas de la edad de oro de la gaseosa a mediados del siglo pasado
tienen hoy un valedor: Juan Carlos Villar Angériz.
Este vecino de Coristanco firma el libro Apuntes sobre la gaseosa en la
provincia de A Coruña (editado por la Diputación
provincial). Tiene más de mil botellas de un mundo cuyos secretos bebe sin
emborracharse de otra cosa que pasión al contarlo.
“En Santiago houbo unha gran oferta dende principios do século XX, cando
este tipo de bebidas non eran accesibles á maioría da xente xa que estaban
reservadas ás clases máis acomodadas en quioscos e grandes cafetarías”,
explica.
Destaca las citadas cuatro empresas compostelanas “por volume de
fabricación e tamén por distribuír outro tipo de bebidas (cervexa, auga…)”.
Formaron ese cuarteto empresarial: Súarez (nacida
como La Santiaguesa-Suárez en 1885 gracias a José María Suárez y Elisa
Fernández Prado), Espiña (creada por Manuel
Espiña Varela, 1885), La Montañesa (iniciada
por Julian Pampín; que patrocinó un club ciclista en 1969) y La Fuente del Oro (de Guillermo Fernández
Juanatey, abierta en 1949).
Chapa indentificativa de reprtidor de
Gaseosas Espiña
“As catro dispoñían de persoal traballando tanto na fabricación como na distribución e na venda”, relata a EL CORREO Juan Carlos cuyo libro reseña más fábricas santiaguesas: La Camelia (emprendida en 1874 por Antonio Cattini), La Gloria (salida de un Ultramarinos en Huérfanas, 38, y que tuvo actividad desde 1925 gracias a Enrique Sobredo, Saturnino Curieses e Ildefonso Tristán de la Cruz), La Inglesa (de 1908; con producción hermana en Vilagarcía) o San Nicolás (también llamada Fábrica de Hielo o Fábrica de Sar, situada donde hoy está el restaurante O Sendeiro), parte de una larga saga de burbujas.
Gaseosas San Nicolás
“A gaseosa está presente na provincia da Coruña desde finais do XIX, imitando modas de París e Londres. Os primeiros fabricantes coñecidos eran de orixe estranxeira e adicábanse á gaseosa como complemento doutras actividades. E a partir de mediados dos 50 do século pasado, houbo unha gran proliferación no ámbito rural de pequenas fábricas. Debeuse a persoas moi emprendedoras, con apenas formación no sector pero con capacidade de traballo e moito enxeño para resolver obstáculos”, aclara quien amén de este libro coordina la asociación Gaseosas de Galicia.
En España, La Casera, firma creada en 1949, es la reina del sector, pero ya por entonces las fábricas en Galicia buscaron sabores a naranja, limón, cola… precedentes de refrescos posteriores de un entorno donde crecían marcas como Kas, Mirinda, Pepsi, Fanta o Coca Cola. “Os nosos empresarios de gaseosas fabricaron refrescos de sabores antes de que as grandes multinacionais do sector sacaran os seus produtos ao mercado”.
En dicho campo, en Santiago es llamativa la longevidad alcanzada por
Suárez al brillar 128 años fabricando espumosos hasta optar
luego por distribuirlos, parte de una labor empresarial que al inicio incluyó
la fabricación de caramelos.
“Cinco xeracións da familia Suárez estiveron ligadas á fabricación e distribución de bebidas refrescantes, pero para sobrevivir a tan longa traxectoria, tiveron que adaptarse aos mercados e, ademais de gaseosa, tiveron que ir incrementando a súa oferta de produtos e aproveitar a canle de distribución que xa tiñan establecida coa venda da gaseosa. As casas Suárez e Espiña foron os que maior inversión fixeron nas súas instalacións para perdurar no tempo e adaptarse ás novas normativas”, dice Juan Carlos antes de contextualizar la paulatina merma del sector de la gaseosa en Galicia.
Resume en tres factores la
desaparición de las pequeñas fábricas de ámbito local.
“O primeiro, a feroz campaña das grandes multinacionais, con grandes
promocións e ata unha baixada de prezos inasumible para o fabricante local. O
segundo, a imposición dunha nova normativa sanitaria bastante esixente que fixo
que moitos produtores locais non quixeran (por falta de continuidade) ou non
puidesen asumir os gastos dese cambio. E finalmente, a campaña de desprestixio
do sector coa difusión de bulos en canto á salubridade do consumo da gaseosa”.
En el ámbito gallego actual, siguen fabricando gaseosas Carbónicas Landeira (Santa Comba), Feijoo (Padrón), Refrescos del Atlántico (Marín), Carbónica Arosana (Vilagarcía), Salgueiro (Sanxenxo) e Eiras (Meira), entre otras firmas de un sector que
ha perdido gas pero que aún resiste.




-4952.jpg)











