Encadrado dentro do programa da XLII Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 14 e 15 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.
Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as
gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.
A xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional encabezada polo Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.
Tanto o Conselleiro como os seus
acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa
totalidade.
Na xornada do domingo, día grande da
festa, visitáronnos dende o mesmo
momento da apertura gran número de persoas chegadas de moitos lugares. Ata
tivemos a sorte de ter a presenza dunha familia de orixe francesa que foi
guiada na súa lingua natal polo colaborador Lois Villar.
Foi tal a afluencia de xente que nas dúas
xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de
visitantes.
Moitas gracias pola boa acollida da exposición e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario