mércores, 19 de abril de 2017

SAÚDO DE BENVIDA

Coa denominación de “Gaseosas de Galicia”,  constitúese unha ASOCIACIÓN ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade e xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.





A existencia desta asociación ten como fins:

  • Reconstrucción, na medida do posible, da historia da fabricación de bebidas gaseosas na Comunidade Autónoma de Galicia dende o século XIX ata a década dos anos 80 (enfoque etnográfico e etnolóxico).


  • Recuperación do patrimonio industrial – as fábricas de gaseosas, “revolución industrial” no ámbito rural. 

  • Difusión dos traballos realizados mediante promoción e organización de actividades culturais vinculadas co mundo da gaseosa. 

  • Promoción, conservación, recuperación de todo tipo de obxectos relacionados coa elaboración das bebidas gaseosas.


Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

  • Investigar a historia da fabricación das gaseosas na Comunidade Autónoma de Galicia dende a súa orixe ata a década dos anos 80, dende un  punto de vista etnográfico e etnolóxico.

  • Confeccionar unha memoria dos fabricantes de bebidas gaseosas a nivel Galicia.

  • Estudar os distintos fabricantes de gaseosa prestando especial atención á evolución dos envases utilizados e a súa elaboración.

  • Programación, organización e desenvolvemento de actos culturais e didácticos que potencien o coñecemento desta actividade e a súa valoración.

  • Recopilar e organizar arquivo fotográfico de envases, proceso de elaboración e distribución (métodos de transporte utilizados).

  • Realizar arquivo  relacionado coa publicidade e promoción do produto.

  • Organización e colaboración con outras actividades culturais de estudo, conservación ou promoción do patrimonio industrial de Galicia.

Esperamos que a iniciativa deste grupo de traballo teña boa acollida entre afecionados a esta temática e sexa de interés para o público en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario