venres, 21 de marzo de 2025
ENCONTRO DE BEBIDAS REFRESCANTES EN GALICIA - ANFABRA
martes, 11 de marzo de 2025
O TERMÓTETRO VISITA GASEOSAS DE GALICIA
No día de onte estivemos presentes no magazine das mañás da Televisión de Galicia acompañados de Rocío Padín.
xoves, 23 de xaneiro de 2025
mércores, 18 de decembro de 2024
domingo, 13 de outubro de 2024
GASEOSAS DE GALICIA PRESENTE NA REVISTA CELCE
Fai uns días recibimos dous exemplares da
Revista Celce Magazin onde se fai unha análise da nosa obra editorial
"Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña" centrándose
nos datos aportados no ámbito da cervexa.
O artículo titulado "Libros con
cerveza y gaseosa" consta de dúas páxinas na Revista de Coleccionismo e
Cultura Cervecera editada polo Club Español de Coleccionismo Cervecero - CELCE.
A relación entre a cervexa e as bebidas carbónicas foi moi corrente no seu
momento, compartindo tanto a súa fabricación como a súa distribución,
polo que moitos datos comúns enriquecen tanto aos amantes da gaseosa como
aos da cervexa.
Da man do Catedrático de Xeogarfía e
Historia C.P.F.P.A Orihuela, Luís Javier Calvo Angulo, secretario e habitual
colaborador de Celce Magazine, desmenuza detalles do pasado cervexeiro coruñés.
Dende Gaseosas de Galicia queremos agradecer a difusión dada ao noso traballo nun medio de gran prestixio a nivel nacional. Tamén queremos agradecer especialmente a Luís Javier por facelo dun xeito tan apropiado.
martes, 24 de setembro de 2024
GRACIAS POR VISITARNOS
Encadrado dentro do programa da XLII Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 14 e 15 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.
Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as
gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.
A xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional encabezada polo Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.
Tanto o Conselleiro como os seus
acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa
totalidade.
Na xornada do domingo, día grande da
festa, visitáronnos dende o mesmo
momento da apertura gran número de persoas chegadas de moitos lugares. Ata
tivemos a sorte de ter a presenza dunha familia de orixe francesa que foi
guiada na súa lingua natal polo colaborador Lois Villar.
Foi tal a afluencia de xente que nas dúas
xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de
visitantes.
Moitas gracias pola boa acollida da exposición e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.
martes, 10 de setembro de 2024
GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA
Os vindeiros días 14 e 15 de setembro
celebarase a XLII edición da Festa da Pataca no Concello de Coristanco (A
Coruña).
Dentro dos actos culturais organizados,
Gaseosas de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases e
outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.
Todas aquelas persoas interesadas están
convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da
Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 14 e 15 en horario de 11 a 14 horas.
Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.
mércores, 7 de febreiro de 2024
PAISAXE GASOSA - UNHA VIAXE POLOS DESEÑOS DAS BOTELLAS DE GASOSA
A principios de ano púxose en contacto con Gaseosas de Galicia o deseñador, ilustrador e escritor galego Xosé María Pérez Barro, máis coñecido por Pepe Barro.
Fai un tempo que Pepe publica artigos sobre deseño e comunicación visual unha vez ao mes no semanario de comunicación xeral de ámbito galego Sermos, o suplemento de Nós diario.
O pasado día 2 de febreiro saiu á luz este bonito artigo sobre as botellas de gaseosa dende o punto do deseño gráfico coa colaboración de Gaseosas de Galicia.
Gracias Pepe polo interese mostrado a prol do noso traballo.
mércores, 17 de xaneiro de 2024
UNHA PROPOSICIÓN MOI DECENTE VISITA GASEOSAS DE GALICIA
E para comezar o ano Gaseosas de Galicia achega a visita que fixo Breogán Riveiro a Coristanco co seu programa Unha proposición moi decente sobre coleccionismo da Televisión de Galicia.
“O coleccionismo pode semellar unha actividade solitaria, pero neste capítulo descubriremos que pode ser participativa e moi social. Para iso, achegarémonos a coñecer dúas coleccións curiosas e moi diferentes, unha de gasosas en Coristanco e outra de xoguetes en Ponteceso, e coñeceremos aos seus singulares creadores”
Breogán Riveiro
martes, 19 de decembro de 2023
venres, 15 de decembro de 2023
CARBÓNICAS LANDEIRA, S.A. FÁBRICA DE BEBIDAS REFRESCANTES
Fai uns días tivemos a oportunidade de acceder ás instalacións de Carbónicas Landeira, S. A. na localidade Xalleira de Santa Comba da man dun gaseosero de berce: Antonio Manuel Landeira Gallardo.
Antonio Landeira, que representa a terceira xeración de gaseoseros, fixo de magnífico anfitrión pola fábrica e gracias a súa didáctica e amable conversa aprendemos moitas cousas sobre o mundo da burbulla.
O día da visita tivemos a sorte de ver en directo o proceso de produción e preparación dos diferentes sabores da mítica marca La Pitusa para a súa distribución as distintas canles de comercialización.
Despois de pasar un bo anaco de tarde, Carbónicas Landeira agasallou a Gaseosas de Galicia cun xeneroso lote de produtos en formato PET 0.5 L da súa casa apenas "saído do forno".
