domingo, 13 de outubro de 2024

GASEOSAS DE GALICIA PRESENTE NA REVISTA CELCE

Fai uns días recibimos dous exemplares da Revista Celce Magazin onde se fai unha análise da nosa obra editorial "Apuntes sobre la gaseosa en la provincia de A Coruña" centrándose nos datos aportados no ámbito da cervexa.

O artículo titulado "Libros con cerveza y gaseosa" consta de dúas páxinas na Revista de Coleccionismo e Cultura Cervecera editada polo Club Español de Coleccionismo Cervecero - CELCE.

A relación entre a cervexa e as bebidas carbónicas foi moi corrente no seu momento, compartindo tanto a súa fabricación como a súa distribución, polo que moitos datos comúns enriquecen tanto aos amantes da gaseosa como aos da cervexa.

Da man do Catedrático de Xeogarfía e Historia C.P.F.P.A Orihuela, Luís Javier Calvo Angulo, secretario e habitual colaborador de Celce Magazine, desmenuza detalles do pasado cervexeiro coruñés.

Dende Gaseosas de Galicia queremos agradecer a difusión dada ao noso traballo nun medio de gran prestixio a nivel nacional. Tamén queremos agradecer especialmente a Luís Javier por facelo dun xeito tan apropiado.