martes, 3 de novembro de 2026
DIARIO DE FERROL - A HISTORIA DAS GASEOSAS DE FERROLTERRA
domingo, 4 de outubro de 2026
GRACIAS POR VISITARNOS
Encadrado dentro do programa da XLIV Festa da Pataca de Coristanco
(A Coruña), os días 19 e 20 de setembro estivo aberta ao público a exposición
Gaseosas de Galicia.
Este ano como novidade, ademais da exposición protagonista quixemos sumar a simulación dun pequeno ultramarinos e unha sección local con camisetas de fútbol que houbo no Concello de Coristanco o longo do tempo, esta última organizada por Lois Villar Castro.
Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.
Se a xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos
ademais da visita institucional, o domingo visitáronnos persoas de moitos
lugares.
Foi tal a afluencia de xente que nas dúas xornadas tivemos que
ampliar horarios para tentar atender a demanda de visitantes.
Moitas gracias pola boa acollida da exposición e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.
sábado, 3 de outubro de 2026
xoves, 1 de outubro de 2026
VISITA INSTITUCIONAL A GASEOSAS DE GALICIA
O pasado día 19 de setembro, dentro do programa da XLIV Festa da
Pataca de Coristanco, estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de
Galicia.
Ese mesmo día recibimos a visita institucional encabezada polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, a Delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, o Xefe Territorial de Educación, Santiago Freire e a Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto xunto con autoridades locais e representantes das Asociacións veciñais, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.
Tanto o Vicepresidente como os seus acompañantes amosaron grande
interese pola exposición e percorreron esta na súa totalidade.
Gracias pola visita. Estes encontros fan máis visible o noso proxecto.
mércores, 23 de setembro de 2026
martes, 15 de setembro de 2026
xoves, 10 de setembro de 2026
GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA
Os
vindeiros días 19 e 20 de setembro celebarase a XLIV edición da Festa
da Pataca no Concello de Coristanco (A Coruña).
Dentro do programa, Gaseosas
de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases
e outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.
Todas aquelas persoas interesadas están
convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da
Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 19 e 20 en horario de 10 a 14 horas.
Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de
recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.
luns, 23 de febreiro de 2026
PEQUENA COLABORACIÓN CO DIARIO DE PONTEVEDRA
Onte, no Diario de Ponteveda, e máis concretamente na sección
Crónicas de Pontevedra, Milagros Bará agasallounos cunha fermosa
reportaxe sobre o fabricante de gaseosas Saturnino Paz Martínez e a súa fábrica
de Campolongo.
Gaseosas de Galicia aportou algunhas fotografías dun envase do fabricante de principios de século pasado que se conserva na exposición ubicada no concello de Coristanco (A Coruña).
venres, 31 de outubro de 2025
VISITA CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL - EFA FONTEBOA
Onte tivemos a sorte de pasar un anaco falando sobre a gaseosa con alumnado e profesorado do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.
mércores, 22 de outubro de 2025
GASEOSAS DE GALICIA NA XLIII FESTA DA PATACA DE CORISTANCO
“É toda unha honra ter a oportunidade de dirixirse a veciños e familia na terra dun.
Viva
Coristanco e longa vida á Festa da Pataca”
Juan Carlos Villar Angeriz





.jpeg)
.jpeg)










.jpg)



