xoves, 10 de setembro de 2026

GASEOSAS DE GALICIA NA FESTA DA PATACA

Os vindeiros días 19 e 20 de setembro celebarase a XLIV edición da Festa da Pataca no Concello de Coristanco (A Coruña).

 

Dentro do programa, Gaseosas de Galicia participará abrindo as portas da exposición de envases e outros obxectos relacionados co mundo da burbulla.

 

Todas aquelas persoas interesadas están convidadas a visitar a exposición na rúa da Charrúa, 26 (ao fronte da Tasca A Pataca pola rúa Charrúa) os días 19 e 20 en horario de 10 a 14 horas.

 

Dende Gaseosas de Galicia estaremos encantados de recibirvos e esperamos que poidades desfrutar da exposición.



Ningún comentario:

Publicar un comentario