xoves, 1 de outubro de 2026

VISITA INSTITUCIONAL A GASEOSAS DE GALICIA

O pasado día 19 de setembro, dentro do programa da XLIV Festa da Pataca de Coristanco, estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Ese mesmo día recibimos a visita institucional encabezada polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, a Delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, o Xefe Territorial de Educación, Santiago Freire e a Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto xunto con autoridades locais e representantes das Asociacións veciñais, tendo como anfitrión o Alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose.

Tanto o Vicepresidente como os seus acompañantes amosaron grande interese pola exposición e percorreron esta na súa totalidade.

Gracias pola visita. Estes encontros fan máis visible o noso proxecto.