domingo, 4 de outubro de 2026

GRACIAS POR VISITARNOS

Encadrado dentro do programa da XLIV Festa da Pataca de Coristanco (A Coruña), os días 19 e 20 de setembro estivo aberta ao público a exposición Gaseosas de Galicia.

Este ano como novidade, ademais da exposición protagonista quixemos sumar a simulación dun pequeno ultramarinos e unha sección local con camisetas de fútbol que houbo no Concello de Coristanco o longo do tempo, esta última organizada por Lois Villar Castro.

Dende Gaseosas de Galicia queremos dar as gracias a todas aquelas persoas que se achegaron a visitar a mostra.

Se a xornada do sábado destacou pola visita de veciños e amigos ademais da visita institucional, o domingo visitáronnos persoas de moitos lugares.

Foi tal a afluencia de xente que nas dúas xornadas tivemos que ampliar horarios para tentar atender a demanda de visitantes.

Moitas gracias pola boa acollida da exposición e polo interese amosado cara o mundo da burbulla.








Ningún comentario:

Publicar un comentario