luns, 17 de agosto de 2020

GAYOSO CON GASEOSAS DE GALICIA

Despois de asisitir ao programa Luar na Radio Televisión de Galicia recibimos este bonito recordo por parte do seu presentador Xosé Ramón Gayoso. Moitas gracias!!


mércores, 1 de xullo de 2020

GASEOSAS DE GALICIA NO LUAR

O pasado venres 26 de xuño, Gaseosas de Galicia foi invitado en directo ao Programa da Televisión de Galicia Luar para dar difusión ao mundo da burbulla galega.


A entrevista pódese ver no enlace insertado dende o minuto 46' 30'' ata o 58' 30''.




mércores, 12 de febreiro de 2020

A ASOCIACIÓN NA RADIO


Onte á tarde a asociación tivo a sorte de ser invitada a "Recendo", magazine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda,  que se emite todos os martes de 19 a 20 horas dende a emisora de radio comunitaria CUAC FM, vinculada á Universidade da Coruña. O tema do espazo foi sobre o noso proxecto de Gaseosas de Galicia. Podedes escoitalo a partires do minuto 40 no enlace da parte inferior.


Información facilitada polo programa:
Programa número 346, no que fixemos dúas entrevistas telefónicas sobre temas variados:
- Xaquín Marín, debuxante e ilustrador
- Juan Carlos Villar Angeriz, presidente da Asociación Gaseosas de Galicia
Enlace: https://cuacfm.org/radioco/programmes/recendo/11x17/



xoves, 5 de decembro de 2019

VISIBILIDADE A NIVEL AUTONÓMICO

O pasado día 24 de novembro, La Voz de Galicia, no seu suplemento dominical de gastronomía e viños HUM! fíxose eco do noso proxecto. Queremos agradecer a Susana Acosta o interese amosado polo noso traballo e pola oportunidade de ser visibles neste suplemento a nivel autonómico.


venres, 11 de outubro de 2019

COLABORACIÓN COA PRENSA LOCAL - LA VOZ DE GALICIA

Bonito artículo de Nuria Guillermo na sección local Bergantiños - Soneira - Fisterra de La Voz de Galicia. No mesmo a asociación sen ánimo de lucro Gaseosas de Galicia colaborou facilitando información e contactos para a difusión do mundo da burbulla.



domingo, 6 de outubro de 2019

COLABORACIÓN CO SEMANARIO SERMOS GALIZA

GASESOSAS DO PAÍS

Galiza e a industria da burbulla

Plácido Lado Bujeiro, “Santos” (primeiro á esquerda, anos 60), de Cee, aproveitaba as viaxes no coche para entregar as súas gasosas “La Exquisita”. Cedida pola familia Santos de Sardiñeiro (Fisterra) ao arquivo de Gaseosas de Galicia.

Plácido Lado Bujeiro, “Santos” (primeiro á dereita, anos 60), de Cee, aproveitaba as viaxes no coche para entregar as súas gasosas “La Exquisita”. Cedida pola familia Santos de Sardiñeiro (Fisterra) ao arquivo de Gaseosas de Galicia.                                 
                           

En cada recuncho, unha fábrica de gasosas. Así foi Galiza na década dos 60, cando unha puxante industria desta bebida viviu o seu punto álxido. Os gustos de cada quen identificaban a súa procedencia, grazas ás marcas de denominación local. “Troncoso”, “Feijoo” ou “A Nosa” tiveron espazo privilexiado nas casas, nos bares e nas festas. Antes da Coca-Cola bebeuse a “gasosa escura”, e as “oranges” precederon a Fanta. Sermos Galiza fai un repaso da historia da industria da burbulla, dende os seus comezos a finais do século XIX até que picou cen anos despois. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza.

mércores, 6 de febreiro de 2019

APOIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Un ano máis contamos  coa confianza da Deputación da Coruña para apoiar o noso proxecto para a promoción, conservación e recuperación da historia da fabricación das bebidas gaseosas na provincia de A Coruña.



Co programa "Recuperación do patrimonio industrial e divulgación da historia da fabricación de bebidas gaseosas na provincia de A Coruña dende o século XIX ata a década dos anos 80 (enfoque etnográfico e etnolóxico)" faremos todo o posible para recuperar este patrimonio esquecido.